A ferramenta de autor no EVA
- A ferramenta de autor complementa os materiais das editoriais, así como os creados de forma manual no EVA, podendo engadir ademais diferentes tipos de materiais enriquecidos (ESTÉTICAMENTE E FUNCIONALMENTE MÁIS ELABORADOS) de elaboración propia:
- Xeración de exercicios de distinto tipo que poden ser utilizados como recurso complementariono Entorno Virtual de Aprendizaxe.
- Xeración de contidos que poden ser enriquecidos con arquivos multimedia (imaxes, vídeos, audios, etc.). O profesor poderá achegar todo o contido estático que necesite para completar a información que necesita expoñer.
- Creación de proxectos que se poderán configurar como unidades didácticas complementarias utilizando os exercicios e contidos creados previamente, conformando a ferramenta de interacción co estudante e co resto da comunidade.
- Posibilidade de publicar os proxectos en formato SCORM directamente na plataforma e-Dixgal.
- Capacidade para compartir proxectos e xerar un espazo común de traballo entre os profesores
A ferramenta de autor só está dispoñible no EVA posto que non forma parte de Moodle.Manual de axuda?Podes atopar o manual completo no EVA >axuda > manual de ferramenta de autor
O cliente Offline
- O cliente offline: Edixgal sen conexión a internet
Cando usar o EVA Offline?O EVA offline permite ó alumno acceder ós que exista no EVA pero sen conexión a internet. Para elo emprega un progama específico que está instalado no equipo, e non accederá desde o EVA online a través da web.Esto implica que unah vez dentro do EVA Offline terá que descargarse os novos contidos que teña subido o mestre/a desde a última vez, ou actualizar os que xa teña se existiron cambios.Será o mestre/a quen teña que indicarlles que “actualicen” os temas se introduciu algún cambio ou os descarguen antes de marchar para casa.Do mesmo xeito se o alumno/a fai un exercicio na casa no modo “offline” terá que, unha vez chegue ó centro e teña conexión a internet, terá que entrar no EVA offline para que “garde no modo online os seus exercicios feitos”.Por esta razón, podería recomendarse o seguinte para maior comodidade:- Se o alumno/a vai a poder conectarse a internet na súa casa empregar sempre o modo ONLINE (EVA vía web)
- Se o alumno non ten internet na súa casa, traballar sempre no EVA OFFLINE tanto na casa como na clase, de modo que non se perdan os seus traballos por erro. Neste caso habería que recordar que cada día antes de marchar para casa, ou ben cando haxa algún cambio introducido polo mestre que descargue ou actualice o contido do tema que sexa.
miércoles, 22 de enero de 2020
Sesión 5:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario